Completa estes cinco roteiros de Marín galardoados co distintivo “Sendeiro Azul”, outorgado pola ADEAC, pola súa calidade e valor ambiental.
No Roteiro das Praias, poderás darte un mergullo nos areais de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo. Ou toca o ceo na versión dos Montes. Deléitate tamén coas espectaculares vistas do Roteiro dos cinco Miradoiros, un auténtico balcón aberto á ría. Para os amantes da arqueoloxía, sente a aventura no Roteiro das Mámoas cun itinerario de cultura e natureza. E se aínda che quedan forzas, coñece o interior de Marín, o corazón do Morrazo, co Roteiro do Monte Penizas.
Explora sendeiros en profundidade a través do noso wikiloc. Escolle o roteiro que máis che interese e descobre Marín camiñando.