Saltar ao contido

Marín Turismo

ESPAZOS VERDES

Lago de Castiñeiras

O Lago de Castiñeiras, situado no monte de Cotorredondo, é un dos espazos verdes máis emblemáticos de Marín. Rodeado dun entorno natural con sendeiros e zonas cheas de árbores, é ideal para pasear, relaxarse e desfrutar dun día en familia.

Este parque foi o soño feito realidade do político Daniel de la Sota e o enxeñeiro de montes Rafael Areses entre 1927 e 1958. Nunha primeira fase, centráronse na labor de reforestación practicamente pioneira en España e que potenciaba o crecemento de piñeiros e outras especies autóctonas, sendo un exemplo de plan de xestión forestal equilibrado, sostible e respectuoso. Nunha segunda fase, ó redor dos anos 50 do século pasado, creouse este lago artificial e tamén as estradas que dan acceso ata el.

Todo o parque o rodea e que podes descubrir camiñando ou en bicicleta, alberga un amplo elenco de especies forestais. Ademais, a variedade da súa  fauna e flora é un dos grandes atractivos da contorna, representando un ecosistema rico e sostible.

Nas inmediación do lago, tamén se atopan importantes xacemento arqueolóxicos, como a impoñente «Mámoa do Rei», un dos dolmens máis grandes de Galicia e que podes visitar.

A día de hoxe, o Lago de Castiñeiras e todo o Parque de Cotorredondo é un lugar moi visitado por amantes da natureza, os deportes (sobre todo ciclismo de montaña ou sendeirismo) e o patrimonio arqueolóxico. Tamén alberga as instalación nas que a Fundación Juan XXIII imparte a FP Dual de Xardinería e Viveirismo, sendo un exemplo de inclusión sociolaboral das persoas en situación de vulnerabilidade psicosocial.

O parque conta con amplas áreas recreativas nas que hai mesas, bancos, fontes, servizos e ademais, destaca por contar cun dos poucos asadores homologados de Galicia, onde é posible cociñar durante todo o ano, converténdoo nun lugar perfecto para comidas ó aire libre.

Este lago é, polo tanto, un espazo que combina natureza, ocio e patrimonio para desconectar sen saír do municipio.

ESPAZOS VERDESESPAZO NATURAL

Contacto

Enderezo

EP-0103, 1, 36141 Marín, Pontevedra

Coordenadas GPS

42.36301777749932, -8.674292401175434

Máis recursos

Galería

Tamén che interesará

ESPAZOS VERDES Mirador de Teoira No lugar da Teoira, na parroquia de Ardán, atópase este balcón natural sobre a ría, que presume

ESPAZOS VERDES Mirador de Portocelo Este encantador balcón á ría situado entre as praias de Mogor e Portocelo, é o punto inicial

ESPAZOS VERDES Mirador da Moreira O Miradoiro da Moreira sitúase nunha posición elevada sobre a costa, polo que ofrece unha espectacular panorámica

Marín Turismo
Resumo de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.