Paseos xunto ó mar
Se queres gozar dun día relaxado, sen présas, pero cheo de recunchos con encanto salpicados polo mar, propoñémosche este roteiro no que descubrirás recunchos únicos sen présas.
Itinerario
1. Praia de O Santo e A Coviña
Se es das persoas que goza das praias resgardadas, con encanto e pouco masificadas, propoñémosche pasar a mañá entre dous areais situados a escasos metros de distancia, pero moi diferentes entre eles.

Comeza o teu día en A Coviña, unha cala de area branca duns escasos 75 metros de lonxitude á que podes chegar desde a estrada ou desde a propia praia de O Santo. Nela poderás respirar a tranquilidade típica das calas escondidas das Rías Baixas nunha paraxe natural inigualable resgardado por pedras e árbores. Desde alí, desprázate ata a praia de O Santo, un remanso de paz de area branca e fina que combina a súa paisaxe con cantos rodados duns 300 metros. Ao contrario da súa veciña (A Coviña), este areal ten forma rectilínea e conta con todas as comodidades dunha praia con bandeira azul. As súas augas tranquilas e o seu ambiente relaxado fana unha praia perfecta para o baño ou o fondeo de embarcacións.

2. Illote do Santo do Mar
Desde a praia de O Santo, dependendo das mareas, poderás visitar a pé o coñecido Illote do Santo do Mar ou Illote de San Clemente a través dunha gran lingua de area que o une coa praia. No caso de que a marea che cadre baixa á primeira hora da mañá, a nosa recomendación é que comeces aquí o teu roteiro.

Neste encantador illote de 14 metros de altura e 1,63 ha de superficie, atoparás unha pequena praia unida ao ismo de area e unha parte de vexetación e pedra, onde se atopan os restos dunha curiosa ermida datada do século XVIII e orientada cara ao leste, oposto á maioría das construcións cristiás que coñecemos a día de hoxe.

3-4. Porto de Marín - Paseo Alcalde Blanco
Pola tarde, para rematar o día, recomendámosche un relaxado paseo para contemplar a inmensidade da ría desde o paseo Alcalde Blanco, o paseo marítimo de Marín ata chegar ao seu maxestoso porto, un lugar cheo de historia e tradición, o corazón económico da vila.

Este dique está totalmente renovado, nel poderás atopar zonas de restauración nas que tomar algo ou cear, un parque infantil con zona acuática que fará as delicias dos máis peques da casa (e o que non tamén) e unhas impresionantes vistas ao atlántico onde gozar a posta de sol.