Historias que contar
Se cando visitas un lugar o que máis gozas é empaparte da súa historia, a súa cultura e a súa esencia, propoñémosche este percorrido que combina todo iso con espazos pechados e ao aire libre.
Itinerario
1. Petroglifos de Mogor
Empeza o teu día nos petróglifos de Mogor, a zona máis apartada do centro deste roteiro e un dos maiores referentes en arte rupestre das Rías Baixas. A súa privilexiada situación con vistas ao mar, a súa boa conservación e os seus tres conxuntos de gravados (Pedra do Labirinto, Pedra dos Campiños e Laxe dos Mouros), fan deste recuncho un lugar único.

O coñecido Labirinto de Mogor, é un dos petróglifos máis coñecidos e estudados de Galicia, unha expresión artística chea de misticismo e misterio, xa que son moitas as teorías sobre o que realmente representa. Como este, apareceron outros similares en Laponia, Finlandia, Islandia e Cornualles, o que nos leva a pensar que pode ser “a firma” dun dun pobo ou civilización itinerante. Achégate ao Centro de Interpretación e non te perdas nada sobre este máxico recuncho de Marín!
Como tip extra, se vés en tempada de verán, podes deixar esta parada para o final e gozar dunha das visitas guiadas nocturnas que che farán ter outra perspectiva.

2. Castro da Subidá
Segue o teu roteiro achegándote ao Castro de Subidá, un asentamento castrense pero romanizado, datado de entre os séculos I e IV d.C. cuns 30.000 m2 de dimensión.

O seu nome, ven do latín «civitatem», relativo a «cidade», dá pistas do que foi no pasado. Nel, pódense apreciar diferentes vivendas circulares, formacións defensivas, unha pequena acrópole de planta ovalada e dous promontorios. Goza de respirar a historia de Marín co mar de fondo.

3. Capela de Sete Espadas
Moi preto do castro, podes achegarte á Capela de Sete Espadas, dedicada á Virxe das dores.

Dentro deste conxunto sinxelo datado de entre 1773 e 1775, o máis destacable é o cruceiro, que serviu de inspiración a Castelao para pintar un óleo sobre lenzo titulado A casa do Cruceiro. Este curioso cruceiro con varal e capitel modernos e cruz gótica. Por suposto, como en toda esta zona, non te esquezas de gozar das vistas.

4-5. Casco antigo de Marín e Museo Manuel Torres
De volta no centro de Marín, recomendámosche achegarte ao Museo Manuel Torres, un pintor nado en Marín en 1901 que pasou por todas as disciplinas pictóricas (paisaxes, bodegóns, retratos e gravados).

Neste museo, poderás ver a obra do pintor, onde destaca o seu traballo de viñetas e debuxos para xornais, parte da súa obra claramente inspirada pola satírica de Castelao.
Ademais da súa obra, o museo dispón de salas con exposicións itinerantes de diferentes artistas plásticos e artesáns.
Para rematar o día, mentres o sol se esconde entre as súas rúas empedradas, recomendámosche que pasees polas rúas do centro histórico de Marín e te marabilles coas casas de pescadores e corsarios, especialmente, presta atención á casa señorial dás “Irmáns Fontenla”.