Saltar ao contido

Marín Turismo

Costa

Costa

Vaia vaia, en Marín si hai praia!

Si somos (re)coñecidos, en parte, é polas nosas praias tranquilas, de area fina e augas cristalinas, con bandeira azul nun entorno privilexiado. Xa as coñeces todas?

intro costa

A “Galifornia” de cor esmeralda

En forma de roteiro, recomendámosche percorrer o noso activo máis prezado, a costa marinense e as súas praias. Paseando desde Marín cara o sur, podes atopar areais e calas impresionantes. Tes moito onde elixir: a acolledora Portocelo para ir en familia. Mogor, con sombra, moitos petróglifos e adaptada para persoas con mobilidade reducida. Aguete, especial polo enclave ornitolóxico do illote de O Chirleu. A dos Namorados, para facer nudismo. Loira e as súas dunas, entre o río e a ría.

Tamén destacamos a Praia do Santo, na que poderás explorar (como un auténtico pirata) un illote só accesible durante a marea baixa. Nela atópanse vestixios dun asentamento da Idade do Ferro e dun conxunto medieval dedicado a San Clemente. A uns pasos, a pequena cala resgardada da Coviña é ideal para os que busquen a paz fronte ao mar. Seguindo o noso camiño, aínda que de difícil acceso, chégase á Ribeiriña, e finalmente a cálida Lapamán, compartida xa con Bueu.

TODA A COSTA

COSTA Praia da Ribeiriña Pequena e illada, a praia dá Ribeiriña ofrece unha contorna tranquila e pouca concorrido, ideal para quen busca

COSTA Praia dos Namorados De augas tranquilas e area dourada, esta pequena praia de Marín é unha das menos concorridas da zona,

COSTA Praias de O Santo e A Coviña Praia tranquila e resgardada con 350 metros de area fina. O seu acceso, algo

COSTA Praia de Loira Praia en forma de media lúa con augas tranquilas e area dourada, ideal para o baño e a

COSTA Praia de Aguete A praia de Aguete é un amplo areal en forma de media cuncha, dividida en tres zonas, sendo

COSTA Praia de Mogor Con area dourada e fina, a praia de Mogor atópase nunha contorna semiurbana moi próxima á de Portocelo.

COSTA Praia de Portocelo A praia de Portocelo é unha das máis concorridas do municipio. A súa proximidade ao centro urbano e

Marín Turismo
Resumo de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.