Desfruta de praias soñadas. Atopa os vestixios do pasado. Vive a cultura mariñeira. Descubre o fogar de piratas e corsarios. Recorre rutas máxicas. Abraza a natureza salvaxe. Poñemos rumbo ó teu próximo destino. Terra á vista! Vento en popa, a toda vida polas Rías Baixas, arrancamos este portal para reunir todo o que Marín esconde e merece ser descuberto. Súbeste a bordo?
En Turismo de Marín poñemos á túa disposición toda a información sobre os atractivos do noso concello. A nosa particular guía turística da auténtica Galifornia. Sempre podes empezar por situarnos: somos a porta de entrada á Península do Morrazo, un enclave estratéxico entre o mar e a montaña a escasos quilómetros da cidade de Pontevedra.
Todo o que podes facer en Marín
Agora que sabes ónde está o Paraíso, interesarache saber como podes gozalo. Apunta lo más relevante: “A onde foras, fai o que viras”, así que mestúrate co local no casco antigo e, incluso, rememora a nosa historia coa Festa Corsaria, coñece os nosos antepasados, toma o sol na Praia de O Santo, atopa a paz no Lago de Castiñeiras ou achégate ata a Ruta dos 5 Miradoiros.
Se por un casual, te quedas varios días con nós, temos a fórmula para que desfrutes ó máximo. No apartado “Que ver” organizamos por categorías cada un dos lugares que non podes perderte na túa escapada pirata. A nosa re(coñecida) costa, infinitos espazos verdes, o patrimonio cultural da cidade, arte milenario, sendeirismo con vistas de infarto e as mellores festas.
Sabemos que Marín é moito máis. Non sabes por onde empezar? Poñémoscho moi fácil. Para os amantes do mar, este plan de praia vaite namorar. Se prefires algo máis histórico, recomendámosche unha experiencia cultural para acercarte ás orixes dos marinenses. Para aqueles que sintan a flor de pel a liberdade, propoñémosche esta ruta natural que non poderás rexeitar!
Ademais, habilitamos un mapa virtual interactivo para que, mentres descobres Marín, consules a situación exacta e datos curiosos de cada punto. Convertiraste nun experto compartíndonos coa túa familia e amigos. E se tes algunha dúbida, sempre podes achegarte ata a nosa oficina de turismo para resolvela, pois tamén temos o noso mapa en papel para os máis analóxicos.
Planifica a túa viaxe!
Confirmamos que os plans improvisados son xeniais, pero estamos seguros de que se segues os nosos consellos sacarás aínda máis partido na preparación da túa saída a Marín. Como chegar, recomendacións de onde comer, tomar algo ou durmir, os horarios da nosa oficina, como moverse pola zona ou o mellor sitio para aparcar. Esperamos que todo ista che sirva na túa futura aventura.
Non perdas detalle
Invitámoste a explorar esta páxina e a ler o noso caderno de viaxe para coñecer todos os segredos que garda o noso destino. E se te quedaches con gañas de máis, tamén podes seguir as nosas redes sociais (@marinturismo) para estar ó día de todo o que estamos organizando. Temos moitos plans que ofrecerche. Benvid@ a Marín, o corazón do Morrazo!
