Saltar ao contido

Marín Turismo

3 roteiros para descubrir Marín como turismo activo

Marín é mar, pero tamén é monte, sendeiros e miradoiros con vistas infinitas. Se che gusta camiñar e respirar aire puro, este rincón das Rías Baixas poncho fácil. Aquí presentámosche tres roteiros que amosan o lado máis natural e tranquilo de Marín.

Roteiro das mámoas

Poucos saben que nos montes de Marín se conservan antigos túmulos funerarios coñecidos como mámoas. O Roteiro das Mámoas é un recorrido circular duns 7,5 quilómetros que atravesa o entorno do Lago de Castiñeiras, un dos espazos naturais máis emblemáticos do municipio.

Ó largo deste recorrido circular atoparás paneis informativos que explican o valor das mámoas, o que axuda ó visitante a conectar coa historia do municipio. O acceso é fácil, o desnivel moderado, polo que é unha boa opción para facer en familia ou con nenos, xa que combinan natureza e patrimonio arqueolóxico.

Roteiro dos cinco miradoiros

Se che gustan as vistas, este é a túa ruta. O Roteiro dos Cinco Miradoiros é un dos máis completos de Marín. Ó longo duns 10 quilómetros, este sendeiro circular conecta cinco puntos panorámicos dende os que podes ver a ría de Pontevedra e parte da costa de Galicia.

O recorrido pasa polo miradoiro de Mogor, o cruceiro do Vento, Moreira, o miradoiro de Portocelo e o miradoiro do Barrio. No camiño, ademais, pódese visitar o Castro da Subidá ou os famosos Petróglifos de Mogor, outro dos tesouros prehistóricos de Marín.

O roteiro mestura camiños estreichos, tramos urbanos e sendeiros xunto o mar, amosando a gran diversidade paisaxística do municipio.

Roteiro de montes e praias

Para os que buscan unha experiencia máis longa e completa, o Roteiro de montes e praias é unha aposta segura. Este roteiro circular enlaza os principais puntos naturais do municipio, ó longo do camiño pasarás por praias como Portocelo, Mogor ou Aguete, pero tamén por zonas rurales e sendeiros con vistas espectaculares. É unha ruta ideal para descubrir o contraste entre a costa e o interior, e perfecta se queres dedicarlle unha mañá completa ou combinala con unha comida campestre.

Ademais, na zona do Lago de Castiñeiras, que forma parte deste roteiro, atoparás un dos poucos asadores públicos homologados de Galicia, que está permitido usar durante todo o ano. Un extra perfecto se che apetece rematar a andaina cunha boa comida ó aire libre.

Marín ten a sorte de ofrecerche natureza moi cerca do mar e roteiros ben sinalizados, así que tanto se buscas unha escapada de relax como outra de turismo activo, Marín é o destino perfecto para iso. Anímaste a descubrilo paso a paso?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marín Turismo
Resumo de privacidade

Este sitio web usa cookies para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.